fbpx
Casa renancentista de A Vacariza que se atopa na Lsita Vermella de Patrimonio / Hispania Nostra

Fábricas, igrexas, pazos… Grandes monumentos históricos da Coruña, na Lista Vermella de Patrimonio

Tempo de lectura: < 1 min.

A Lista Vermella de Patrimonio impulsada por Hispania Nostra, que recolle aqueles elementos do patrimonio histórico estatal con risco de “desaparición, destrución ou alteración esencial dos seus valores”. Galicia ten en total 63 nomes de patrimonio abandoado, e A Coruña que conta con 25 elementos en mal estado lévase unha das peores partes.

Como recolle La Voz, no que vai de ano, o comité científico da asociación añadiu catro novos edificios á base de datos. O máis reciente, o pazo A Rectoral do século XVIII, en Zas. Pese a que o escudo da súa fachada e o seu hórreo foran declarados ben de interese cultural (BIC), o seu estado de conservación é “ruinoso”, non ten cuberta e as paredes está “en proceso de desaparición”.

A casa da Luz en Betanzos é a segunda propiedade das catro recientemente incorporadas. A casa da Luz é a primeira fábrica da cidade. Foi instalada a principios do ano 1900. Cen anos máis tarde atopámonos cun elemento sen cuberta e “á intemperie”, como describe a xornalista Lucia Cancela.

En xuño engadíronse a lista as dúas primeiras construcións deste ano: a casa renacentista en A Vacariza, do século XVI, e o castelo de Mesía, datado entre os séculos XIII-XIV. O palacio presenta perpiaños desprendidos, carece de tellado e está invadido pola maleza. Pola súa parte, o castelo de Mesía, que comezou a deteriorase tras as revoltas irmandiñas, presenta “un estado pésimo e de ruína progresiva“. Para máis información: La Voz de Galicia.

 

Pode que che interese...