fbpx
Solpor no Cabo Home, ó pé do Monte do Facho / Foto HdG

O deus galaico Berobreus, o antecesor do Apóstolo Santiago nas grandes peregrinacións a Galicia

Tempo de lectura: 2 min.

As perenigracións a Galicia comezaron antes da aparición do camiño de Santiago. Os arqueólogos Thomas Schattner, do Instituto Arqueolóxico Alemán, e José Suárez Otero, investigador da Universidade de Santiago de Compostela falan dunha perenigración, de moi pequena escala, dende as vilas colindantes a un “santuario celta” situado no monte do Facho en O Morrazo.

Neste cume, os poboadores galaicos situaron o seu castro ata que no século un os seus habitantes foron trasladados pola forza de Roma. Mais o castro situado no Facho mantívose con vida xa que no século tres construiuse o santuario ao que peregrinaron os descentes deses primeiros poboadores 200 anos despois. O santuario estaba adicado ao deus galaico Berobreus, ao que se lle pedía protección e saúde.

xacemento no Monte do Facho / foto turismo.gal

Altares e culto

Os investigadores atoparon unha cantidade importante de altares que demostran a peregrinación dende unha villa romana próxima, como comenta o xornalista Vicente G.Olaya. Esta peregrinación dábase tanto dende o norte como dende o Sur, por terra e mar a través das Rías de Pontevedra e Vigo.

Os peregrinos galaicos realizaban unha ofrenda que “consistiría na colocación dun altar ou na busca de un xa existente e ao que estaban vinculados por razones de familia ou amizade”, incide Schattner como recolle El País. Eses altares eran de culto privado, polo que os investigadores se preguntan se había un lugar común onde os galaicos realizaban ofrendas á súa deidade. Suponse que o facían nunha gran pedra labrada que se atopa partida en dous e que data da época anterior e foi recuperada no século tres para o culto.

A área sacra conta con 130 metros cadrados nos que se atopan todos os altares que presentan unhas características semellantes: granito, entre 70 e 120 centímetros de altura e a inscripción do deus galaico Berobreus. Schattner e Suárez Otero sosteñen que os canteiros tiñan limitacións á hora de labrar as súas pezas: “Cando alguen quería consagrar un altar en O Facho, este debía ter unha forma e tamaño concretos e unha determinada decoración ou inscripción”.

Iso sí, o canteiro e o peregrino escollían os detalles e a incripción noi mesmo santuario. Polo tanto, cada pedra era diferente á outra. O peregrino tamén escollía o tamaño e canto máis grande, máis caro, polo que había certa estratificación da sociedade.  Máis información en El País

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar. Non esquezas deixar o teu email se queres que o autor/a che dea unha resposta

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: