fbpx
A Casa de Baños de Lourizán / frame de Paraíso Roubado

“O Paraíso roubado”: cando Lourizán era o “Sanxenxo” de inicios do século XX

Tempo de lectura: < 1 min.

O doumental ‘Paraíso roubado‘ aborda a realidade de Lourizán entre finais do século XIX, cando Montero Ríos establece a súa residencia galega neste auténtico paraíso, e a chegada da fábrica Celulosa nos anos 60 do século XX, que supuxo a destrución da riqueza natural, paisaxística e económica desta parroquia pontevedresa.

Toda a zona de Lourizán e franxa de costa que ía desde Pontevedra a Marín era a “Sanxenxo” de inicios do século XX. Era a praia de Pontevedra e aí veraneaba moita xente chegada de Madrid. O documental, de Lukas Santiago, e con voz en off de Manolo Rivas, é un exercicio de memoria histórica, un recoñecemento á loita das mariscadoras que se enfrontaron á represión militar na defensa do banco marisqueiro e o pan dos seus fillos, unha loita que non pode caer no esquecemento.

Pode que che interese...