fbpx
Domus do Mitreo / foto adomusdomitreo.com

Queres coñecer e disfrutar da festa da Saturnalia, o “nadal” dos romanos?

Tempo de lectura: < 1 min.

O Museo Universitario A Domus do Mitreo inclúe no seu programa de Nadal a celebración de dous talleres de arqueoloxía experimental, a través dos que se pretende achegar ao público máis novo á festa da Saturnalia, unha celebración coa que os romanos festexaban o fin da tempada de outono, ao tempo que organiza diversas visitas guiadas especiais en quenda de mañá os días 23, 28, 29 e 30 de decembro.

Os obradoiros ‘Cociñando na Saturnalia’ celebraranse os días 23 e 26 de decembro, a partir das 12.00 horas. No marco desta actividade, as persoas inscritas poderán achegarse á riqueza arqueolóxica que acubilla o xacemento mitraico lugués, ao tempo que poderán elaborar unha receita da gastronomía romana características da etapa do final de outono.

O programa de actividades organizado polo Museo Universitario A Domus do Mitreo durante o período de Nadal é de carácter gratuíto para todo o público, que simplemente deberá custear a entrada de acceso ao museo. As persoas interesadas en tomar parte tanto nos obradoiros arredor da gastronomía da Saturnalia como nas diversas quendas de visitas guiadas especiais deberán formalizar a súa reserva de praza con antelación a través do número de teléfono 610 323 926.

Pode que che interese...