1933, cando Galicia foi considerada unha nación en Europa
No medievo, Galicia era recoñecida coma un Reino. Reino que mantivo monimalmente durante a época moderna pero case de xeito testemuñal. Por iso, durante o nacemento do galeguismo a comezos do XX, non foron poucos os intelectuais e políticos que lembraban ese pasado de reino independente de Galicia para obter un estatus diferente dentro do Estado español. E así foi. En 1933, no IX Congreso de Nacionalidades Europeas (organismo adxunto á Sociedade de Nacións), Plácido Castro conseguiu a consideración de Galicia como nación, un éxito político para os galeguistas que estaban loitando polo Estatuto de Autonomía na II República.
Plácido Castro foi un escritor, xornalista, tradutor e político nacido en Corcubión no ano 1902. De orixe burgués, o pai traballou como empresario de minas, de fornecementos de carbón aos barcos, exportador de lagostas, banqueiro e armador. Esta posición económica permitiulle facer os seus estudos en Glasgow. Máis tarde, trasladaríase a Londres, onde comezaría a escribir para xornais galegos.
Así formouse Plácido Castro, quen destacaría polo seu pensamiento liberal, progresista e galeguista. A saudade e o celtismo son os conceptos identitarios que máis o representaban. Ademais, esta estadía en terras británicas permitiulle traducir ao galego literatura inglesa.
Sería no 1930 cando volvería a Galicia para ser partícipe dos movementos galeguistas da época. Colaborou con Irmandades da Fala e chegou a ser secretario de Relacións Internacionais da executiva do Partido Galeguista.
GOLPE DE ESTADO FRANQUISTA
Nos primeiros meses da Guerra Civil foi detido na casa dun familiares en Muxía e condeado a inhabilitación e desterro. Instalouse en Vigo, mais rapidamente mudouse a Estoril e ao Reino Unido, onde traballaría como locutor-redactor da BBC onde fixo a primeira emisión radiofónica en lingua galega, “Galician Programme”.