fbpx
Unha das portas de Betanzos, a máis próxima á casa gótica

A porta da Ponte Vella en Betanzos voltará ao século XV

Tempo de lectura: < 1 min.

A modernidade levou á porta medieval, datada do século XV e situada fronte á Ponte Vella en Betanzos, a ser ocultada baixo un conxunto de cables, que se suma a certo abandono. A porta, que se atopa entre as rúas A Cerca e O Alfoli, será saneada e restaurada polo concello.

A porta consta cun arco apuntalado da alta idade media, a concellería de Turismo destaca que fronte a ela levábase a cabo o control de pesos das mercadurías que se vendían no mercado local. Ademais, a construción que é acceso ao casco vello de Betanzos, é un emblema do camiño inglés no seu paso ata Santiago de Compostela.

“As canalizacións do saneamento encóntranse en moi malas condicións e o cableado de electricidade e telefonía cruza a porta adosado a os seus paramentos, o que é preciso eliminar para manter o seu valor patrimonial, xa que se trata dunha das tres portas que se conservan da cidade, catalogadas como ben de interese cultural (BIC), indican dende a institución municipal como recolle La Voz de Galicia. Para máis información: La Voz de Galicia.

Pode que che interese...