fbpx
Pintura coas primeiras vacinas da varíola

A variola, o primeiro gran debate sobre a vacinación en Galicia

Tempo de lectura: < 1 min.

As pandemias non son algo novo, nin sequera a vacinación por suposto, nin tampouco os “antivacinas”. A finais do século XVIII e comezos do XIX, varias enfermidades asolaron o mundo occidental cuns niveis de mortalidade moi altos. A variola foi unha delas, ata que no 1789 apareceu a vacinación grazas ao médico inglés Edward Jennes.

A vacinación chegaría rapidamente a España, mais a controversia para a súa aplicación eran latentes. Quen se impoñía á súa implementación non poden ser considerados antivacinas, xa que, como destaca Arquivo de Galicia no seu Facebook, “daquela os debates sobre os posibles beneficios das vacinas circunscribíase aos círculos científicos e médicos e rexíanse polos seus principios. Hoxe en día son cuestións transversais ao conxunto da sociedade e en moitas ocasións pouco teñen que ver coa ciencia”.

O debate entón baseábase no seguinte argumento: “non se pode provocar un grave mal para producir un ben aleatorio, mais todo progreso supón risco e cabe admitilo si é proporcionado”. A controversia non se superaría ata a mediados do século XIX, cando se lexisla a Lei de Sanidade en 1855. Esta facía responsables aos concellos e xuntas de beneficencia de coidar que foran vacinados oportuna e debidamente todos os nenos.

Neste contexto encádrase o documento que presentado por Arquivo de Galicia, un escrito da subdelegación de sanidade do partido de Santiago á Real Sociedade Económica de Amigos do País para que lles ceda un dos seus locais ao non ter capacidade para o grande número de nenos a vacinar.

Pode que che interese...