fbpx
Aspecto da igrexa medieval e dos sepulcros de Adro Vello / arqueolugares.blogspot.com

Adro Vello, a ruína dun dos grandes xacementos galegos: “Igual hai que traer un camión e area e tapalo”

Tempo de lectura: < 1 min.

O Adro Vello foi escavado por primeira vez nos anos 80 polo arqueólogo José Carro Otero. Nos 90, fíxose algunha actuación máis, pero dende entón a situación deste xacemento, que conta cunha antiga vila romana, factoría de salazón do séculos I ao III, necrópole e os restos dunha torre defensiva medieval, non fai máis que empeorar. 

A falta de conservación é alaramante. O terreo está protexido por un valo de arame que co tempo foise deteriorando. Como indica La Voz de Galicia, os ósos que se acharon na parcela foron obxecto de roubos ou se esparexeron pola forza do mar ou a acción dos temporais. Todo ocorría ante a pasividade das Administracións.

Situación de abandono no que se atopa Adro Vello, en O Grove / galiciadenuncia.blospot.com

A polémica da conservación do xacemento estivo tan presente estes últimos 30 anos como a maleza que cubren os restos romanos. Agora ben, a declaración como Ben de Interese Cultural (BIC) podería cambiar o devir do lugar.

Aínda así, non todas as Administracións se mostran postivas ante este feito. O alcalde do Grove, José Cacabelos, está farto do tema e só lle ve unha solución que ten que vir por parte da Xunta: “ou traen un plan director, técnicos arqueolóxicos e cartos, ou o mellor vai ser botarlle un camión de area por riba e tapalo“. Máis información en La Voz de Galicia.

Pode que che interese...