fbpx
Pintura sobre o naufraxio do Serpent

Cando Sálvora foi a tumba de 213 persoas no peor naufraxio da historia de Galicia

Tempo de lectura: < 1 min.

Os último anos do século XIX e a primeira metade do século XX, caracterizáronse pola emigración a América dende Galicia, mais tamén dende todo o norte peninsular. Dende Bilbao partiu o barco Santa Isabel con destino a Bos Aires e Montevideo, mais os ventos da madrugada do 2 de xaneiro de fai 101 anos impedíronllo. 

Ás cinco da mañá saltou a alarma na Illa de Sálvora, había un barco afundido. A poboación local botouse o máis rápido posible nas súas dornas para salvar ao máximo de persoas posibles, a pesar do rudo tempo daquela noite. Nunha desas embarcacións, María Fernández Oujo, Josefa Parada e Cipriana Oujo Maneiro, de 14, 16 e 24 anos respectivamente, rescataron, en varias viaxes, entre a 15 e 20 persoas. Esta fazaña permitiu a Sálvora obter a distinción de “moi noble, moi leal e moi humanitaria cidade”.

Aínda así, o naufraxio deixou 213 persoas falecidas, o peor da historia de Galicia. Sobreviviron 56 persoas, entre os que se atopaban o capitán García Muñiz e o maquinista do vapor Juan Antonio Pérez Cano.

A costa galega recibiu cadáveres durante varios días. A maioría dos viaxeiros eran emigrantes que se embarcaran en Bilbao, en Santander e na Coruña, co obxectivo de chegar a América. As seguintes paradas antes de comezar a travesía polo Atlántico serían Vilagarcía, Vigo e Cádiz. Este feito inspirou a xornalista e directora de cinema Paula Cons no seu filme “A illa das mentiras”. Máis información en La Voz de Galicia.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: