fbpx
Imaxe aérea do Castro de Elviña, na Coruña / coruna.gal

“Fauna salvaxe” e “deportistas” impiden poñer en valor o castro de Elviña, capital do pobo ártabro

Tempo de lectura: 2 min.

As actividades arqueolóxicas no castro de Elviña veñen sendo a norma dende fai 80 anos, neste tempo este asentamento, con 2500 anos de vida, foi escavado en catro ocasións. Aínda así, ata fai 20 anos este espazo era sementado por persoas que traballaban aquelas terras. Entón elaborouse un plan director que tiña como idea final un gran parque arqueolóxico. Non se levou a cabo e hoxe está en busca de novos usos.

Houbo en Elviña a promesa dun parque público aberto aos veciños. Poderían camiñar libremente pola croa entre ruínas de 2.000 años, dando significados novos a un lugar que foi capital do pobo ártabro. Pero de momento non pode ser, “aínda que sexa a solución ideal”, segundo o arqueólogo municipal, Marco Rivas Nodar que argumenta que a presencia da “fauna salvaxe e das persoas que van facer deporte” o impiden, en declaracións a La Voz de Galicia.

Alxive do castro de Elviña / foto turismo.gal

Un valo transparente suspendido sobre zapatas para que a afección ao subsolo sexa nula, marcará o perímetro nos próximos meses. A actuación delimitará a zona de protección para que a xente saiba ata onde chega e poder promover un uso adecuado do xacemento, como recolle La Voz de Galicia. A actividade continuará con visitas dominicais e o traballo dos arqueólogos e dos alumnos do máster de Arqueoloxía.

Ademais, Elviña é, dende hai unhas semanas, un dos poucos xacementos en España que contan cun contrato de mantemento plurianual. Con ese apoio, a corto prazo súponse que mellorarán os camiños para garantir que visitantes con problemas de mobilidade completen o percorrido. O obxectivo de todas as propostas segundo o arqueólogo municipal é que se coñeza a existencia de tres importantes xacementos para a historia europea na Coruña: Elviña, a Torre e San Francisco. Máis información en: La Voz de Galicia.

Pode que che interese...