fbpx
Muralismo contemporáneo de Cestola na Cachola empregando a técnica do esgrafiado en Castro Caldelas / foto Eilavilas CC-BySA Wikimedia

Mar López Sotelo, a cazadora dos esgrafiados perdidos da Ribeira Sacra

Tempo de lectura: < 1 min.

O esgrafiado é unha técnica ornamental arquitectónica, baséase en duas capas na que a exterior é rascada con ferramentas como o grafio ou coitelas. Así asómase a capa inferior formando un debuxo. Esta modalidade está moi atallada a arquitectura da Ribeira Sacra e a educadora Mar López Sotelo vai en busca delas para cazalas coa súa cámara de fotos. 

Mar López Sotelo viaxa, dende fai unha década ás aldeas máis remotas da Ribeira Sacra na busca de esgrafiados, que normalmente se presentan en pedra, como explica a xornalista Elisabet Fernández en La Región. As figuras adoitan representar esceas cotidianas de antano.

Esta educadora social, amante do patrimonio, ten documentados cerca de mil gravados, a maioría nesta paisaxe cultural. Este interese persoal levouna a descubrir un estilo galego propio de esgrafiados e diferenciados dos que se poden ver noutras zonas da península. “Esgrafiados en la Ribeira Sacra y el Camino de Santiago. Obras de arte y simbolismo en las paredes” é o resultado da extensa investigación de Mar López, que segue recorrendo as aldeas con libreta e cámara en man. Máis información en La Región.

Pode que che interese...