fbpx
Restos arqueolóxicos tras a plantación de eucaliptos no Castro do Bargo / Tonaino Naino

Outra vez unha plantación de eucaliptos dana restos arqueolóxicos dun castro

Tempo de lectura: < 1 min.

Galicia, o seu patrimonio e os eucaliptos están, por desgraza, dende hai tempo, relacionados As consecuencias da plantación irregular e desproporcionada de eucaliptos no país están a facer danos profundos no noso patrimonio. Este é o caso do Castro do Bargo na parroquia da Peregrina que pertence ao Concello de Santiago de Compostela.

O Castro do Bargo é datado na Idade de Ferro e o recinto está rodeado por unha liña de defensa nun terraplén e un foxo. Ambas estruturas atópanse moi deterioradas polas actividades agropecuarias que se realizaron sobre elas durante anos posteriores.

Mais, a pesar do paso do tempo, como indica en Facebook o colaborador de Historia de Galicia, Xosé Troiano, “pódese apreciar a ollo a típica cerámica alaranxada de tégula, e algún anaco de cerámica nos surcos que se fixeron para plantar eucaliptos“.

O Outeiro do Bargo, onde se atopa o Castro homónimo / Troiano Naino

Este xacemento que se conserva en malas condicións e sen estudar non recibe protección de ningunha administración pública. O único elemento que conserva ben do recinto do Castro do Bargo é unha calzada de pedra “impresionante” que bordea este elemento patrimonial que se atopa nos arredores de Santiago de Compostela, unha das zonas máis esquecidas a nivel arqueolóxico.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar. Non esquezas deixar o teu email se queres que o autor/a che dea unha resposta

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: