fbpx
Torre de Meira, en Moaña / Árbore Arqueoloxía

(Vídeo) A Torre de Meira, a fortaleza derrubada polos Irmandiños e por Pedro Madruga

Tempo de lectura: < 1 min.

A chamada Torre de Meira foi unha construción que comprendía apenas uns 96 metros cadrados, situada nun promontorio de 140 metros de altitude, pero que formaba parte dun complexo fortificado moito maior. A súa ocupación está documentada desde o século XV e pertenceu ás casas nobiliarias de Meira e Valadares.

A derriba da torre remóntase ás segundas Guerras Irmandiñas (1467-1469). Despois, Pedro Álvarez de Soutomaior, Pedro Madruga, foi o que ordenou a súa destrución até a base no ano 1476. Desde entón, a vella torre foi pasto de lendas.

Esta torre, que chegou a ser un punto de poder importante na península do Morrazo, contaba, ademais da torre con outras dependencias, incluído, un patio de armas. Nos últimos tempos, Árbore Arqueoloxía realizou un traballo de escavación e posta en valor deste espazo fortificado que xa fora escavado en 1976 por de la Peña.

A Deputación de Pontevedra volveu subvencionar este ano con 17.484 euros novas tarefas de recuperación e restauración da muralla da torre. Precisamente o Concello de Moaña facía público este 30 de decembro un vídeo documental no que repasa as actuacións que se desenvolveron durante a primeira fase dos traballos de rehabilitación.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: