fbpx
Amañando unha palloza / TVE

(Vídeo) Esta é a lenta agonía das pallozas, unha das iconas dos Ancares

Tempo de lectura: < 1 min.

Hai 40 anos, a Televisión Española emitía unha reportaxe sobre a vida nas pallozas do Courel. Unha vida que xa naquel tempo, en 1984, alertaban que estaba en perigo polas novas construcións e o abandono da vida rural o que provocou a falla dun dos elementos fundamentais das pallozas, a palla, que hoxe xa ten que ser importada.

Unha situación que se acelerou nos anos seguintes. Logo das restauracións de núcleos tradicionais de Piornedo emprendida nos anos 90 polo goberno de Manuel Fraga, a situación das pallozas dos montes do Courel é case anecdótica e mantéñense grazas ao esforzo dos que aínda viviron nelas ou dalgún dos seus descendentes.

Antes da crise do ladrillo a Xunta era a encargada de “teitar” as pallozas, algo que deixou de facer a partir do 2012. Desde entón os veciños piden solucións. “Se eles non poden que nos deixen a nós facelo. Se non nos traen a palla pois que nos deixen poñer chapa. O que non queremos é que caian”.

Estas dúas reportaxes amosan como é a lenta agonía das pallozas galegas.

 

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: