fbpx

A Capela da Misericordia en Vigo baixo o cemento

Tempo de lectura: < 1 min.

A asociación Vigo Histórico denunciou ante o servizo do SEPRONA da Guarda Civil a cementación da rúa Elduayen en Vigo. Nesa céntrica localización da cidade olívica atopáronse restos arqueolóxicos pertencentes maioritariamente ao século XIX, aínda que tamén se barallou a posibilidade de atopar a Capela da Misericordia que data do século XVI.

A Dirección Xeral de Patrimonio permitiralle ao Concello de Vigo cubrir os restos con terra e malla xeotextil de modo transitorio para evitar que a choiva provocase danos nos restos arqueolóxicos atopados. Con todo, o Concello de Vigo ordenou recubrir con formigón unha parte do terreo, algo que xa fixera hai unhas semanas no treito de Elduayen situado ante as escaleiras da praza de Argüelles, onde a historia di que estivo a capela da Misericordia.

«Todo o que formigaron a cen por hora, é xusto onde estaría a capela da Misericordia. E apuraron moito porque xa antes de Nadal cubriran con formigón a metade», explica unha portavoz da asociación Vigo Histórico. Máis información en La Voz de Galicia.

Pode que che interese...