fbpx
Antucas que impiden a visión da Torre de Bermúdez

A instalación dunha terraza afecta a un BIC do século XVI

Tempo de lectura: < 1 min.

A Torre de Bermúdez é vítima dun novo exemplo de invasión do territorio a un elemento patrimonial. Hai uns días varios colectivos e asociacións presentaron unha queixa formal ante a Consellería de Cultura pola situación de vulnerabilidade da Torre de Bermúdez na Pobra do Caramiñal debido a instalación dunha terraza nas súas inmedicacións.

A acción, considerada ilegal polas asociacións de defensa do patrimonio, foi denunciado ao Concello de A Pobra do Caramiñal. A Torre de Bermúdez, unha edificación do século XVI declarada Monumento Histórico-Artísitico de carácter nacional e considerada Ben de Interese Cultural, sofre unha importante acumulación de mesas que limitan o paso pola vía pública tras  a instalación da terraza.

Ademais, as antucas dificultan a visión do edificio que, cando vai vento, caen e non son recollidas durante longo períodos de tempo. Como comenta o Colectivo na Defensa do Patrimonio A Forneiriña na súa comunicación de prensa, “sen respecto polas distancias mínimas nin polas afección e prevencións legais que se deben observar derivando en dificultade de accesibilidade, contaminación visual dun Monumento e dificultade de visita, uso e goce social do BIC.”

Repetidas veces lamentáronse incidencias como caídas e imposibilidade física para o desprazamento de persoas ou suspensión de visitas comentadas que anos antes se ofrecían ao público explicando a historia e os valores estéticos, simbólicos e literarios deste Monumento. Ademais, dende a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade lembran ás institucións a obriga de facilitar o acceso ás persoas con limitación ou mobilidade reducida en vías públicas.

Pode que che interese...