fbpx
Privilexio rodado do rei Afonso X, datado o 24 de decembro de 1254 e validado con selo de chumbo / uniovi

A potencia do Reino de Galicia, berce das primeiras notarías da Península Ibérica

Tempo de lectura: < 1 min.

Os documentos públicos son unha das formas máis habituais de recoller información dos tempos antigos. Da redacción destes documentos encárganse as notarías actualmente e a súa orixe está no Reino de Galicia, en Ribadavia concretamente, no século XII. Así o vén de aclarar unha investigación da Universidade de Oviedo publicada no ‘Journal of Medieval Iberian Studies‘.

O estudo realizado por Manuel Calleja-Puerta no 2021, foi levado a cabo co gallo do octavo centenario do legado do rei “Sabio”. Desta forma, o estudo explora as raíces da praxe notarial mediante a análise dos traballos dos escribanos do Concello de Ribadavia e detecta un “progresivo perfeccionamento técnico” na redacción de documentos como unha das experiencias que conducen cara a implantación do notariado público.

Segundo destaca a investigación, a implantación do notariado público estendeuse polas cidades e vilas do reino e a súa actuación como notarios convertiunos ademais en testemuñas e narradores da vida cotiá, polo que os documentos producidos constitúen “unha das fontes fundamentais para a historia das sociedades do pasado” en palabras do autor do traballo.

Ao longo da primeira metade do século, as subscricións dos escribáns evidencian a “definición progresiva de oficiais de escritura aparentemente laicos e vinculados ao concello que traballaban para a comunidade con carácter público”. E xa no segundo cuarto de século, “a certeza de que empregan notas que se transmiten aos seus sucesores no oficio permite observar como a escrituración dos documentos se converte nunha actividade cada vez máis pautada e regulada“. Máis información en Galicia Confidencial.

Pode que che interese...