fbpx
Unha das catas no xacemento de Proendos / foto Consellería de Cultura

A Xunta di que contratar empresas privadas para realizar informes de patrimonio é “absolutamente legal”

Tempo de lectura: < 1 min.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, asegurou que en “ningún caso” a Xunta contratou a traballadores de Patrimonio de “forma ilegal” e destacou que todas as actuacións para avaliar impactos sobre o patrimonio foron realizadas por equipos humanos con coñecementos técnicos e profesionais, “avalados por funcionarios Dirección Xeral de Patrimonio”.

O titular de Cultura pronunciouse deste xeito en resposta a unha pregunta formulada na Cámara galega pola deputada do BNG Mercedes Queixas, quen esixiu responsabilidades á Xunta ante o “escándalo maiúsculo” que, na súa opinión, supón a recente sentenza do Tribunal Superior de Galicia (TSXG) que declara ilegal a contratación por parte da Dirección Xeral de Patrimonio á empresa Tragsatec, filial do grupo Tragsa, da elaboración de informes de impacto no patrimonio cultural.

A deputada lembrou, tal e como recolle Galicia Confidencial, que esta responsabilidade debe ser asumida polo propio persoal profesional técnico da Administración galega, do que son funcións exclusivas. Respecto diso, o conselleiro, que incidiu en que “as encomendas de xestión son absolutamente legais“, destacou que a dirección xeral xestiona sobre 22.000 expedientes ao ano polo que se recorreu a esta prerrogativa para “dar unha resposta áxil”.  Toda a información no Galicia Confidencial.

Pode que che interese...