fbpx
Convento de San Amaro en Conturiz, Lugo

As imitacións galegas medievais de Santa Sofía de Constantinopla, abandonadas

Tempo de lectura: < 1 min.

O Convento de San Amaro en Conturiz (Lugo) e a Tulla do Fafián en Rodeiro (Pontevedra) manteñen características semellantes na súa construción, pero tamén no seu estado de conservación. Ambas edificacións están abandonadas e requiren dunha intervención pública, “urxente” segundo o divulgador Antonio Presas para asegurar a súa conservación nun estado aceptable.

CONVENTO DE SAN AMARO

Tamén coñecido como Convento de San Antón, este misterioso monumento do que non se sabe a súa orixe atópase a carón da Vía Romana XIX. Este edificio, pola súa pranta, que é practicamente cuadrangular. Ademais, conta cunhas paredes grosas e de gran altura que imitan á famosa Santa Sofía de Constantinopla, segundo indica Antonio Presas en Facebook. Na actualidade, atópase sen teito e cun castiñeiro no interior da torre. O abandono do lugar é notable e vén de moitos anos atrás.

TULLA DE FAFIÁN

A Tulla de Fafián, coñecida nun tempor anterior como Torre de Outeiro tamén conta cunha forma cuadrangular e cunha grande altura. Está dividida en tres plantas cunha parede máis ancha ata o primeiro andar, de 1,20 metros. O terceiro e último andar ten 40 centímetros menos, polo que a súa robustez, como indica Presas, “está fóra de toda dúbida”. Pola súa contra, tamén está “sen cubrición e exposta á intemperie total“.

Pode que che interese...