fbpx
Igrexa románica de Santa Cristina de Ribas de Sil, en Ourense / Fundación Santa María a Real do Patrimonio Histórico

Como afectou a pandemia ao patrimonio cultural de Ourense?

Tempo de lectura: < 1 min.

Inorde vén de organizar, no marco do proxecto “CrinMA 2.0: Recursos Culturales en Áreas de Montaña (Interreg Europa), unha mesa de debate online que baixo o título “Cultura – Pandemia – Turismo” reuniu a unha trintena de expertos de diferentes sectores, tanto públicos como privados, para analizar a influencia da pandemia no patrimonio cultural.

Este foro, tal e como recolle o xornal Galicia Confidencial, permitiu intercambiar solucións e prácticas ante a influencia da pandemia no patrimonio cultural. A xornada, inaugurada pola xerente do Inorde, Emma González, tivo de relatores ao director da área de Transparencia e Goberno Aberto, Fernando Suárez; a administradora delegada de Adere-Peneda Gerês, Sonia Almeida; a decana da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo da Universidade de Vigo, Montserrat Cruz; e a Guti Martín, de Sherpa Proyect S.L.U.

A xerente do Inorde ao comezo da xornada lembrou o obxectivo do proxecto europeo CRinMA, co que se pretende mellorar as políticas rexionais relacionadas coa protección e promoción do patrimonio cultural nas zonas de montaña.

Esta finalidade supón “a mellora dos Programas Transfronteirizos e dos Programas Operativos Rexionais, e tamén un pensamento máis complexo sobre o papel do patrimonio cultural nas áreas de montaña, que se traducirá en mellores políticas e programas no futuro”, sinalou Emma González.

No caso de Ourense, o director da área de Transparencia e Goberno Aberto, Fernando Suárez expuso como exemplo de solución a dixitalización como factor de sustentabilidade turística a través do proxecto “Destino Turístico Intelixente” que está a implantar a Deputación de Ourense. Toda a información no Galicia Confidencial.

Pode que che interese...