fbpx
Unha nai coa súa filla durante a Desbandá, cando máis de 100.000 persoas fuxiron pola estrada Málaga a Almería e foron ametrallados polos franquistas

Ferrol aínda conserva nas súas rúas o nome dun dos militares que asasinou a milleiros de persoas na “Desbandá”á”

Tempo de lectura: 2 min.

Salvador Moreno, militar franquista

Un colectivo de presos e presas políticos de Ferrol na ditadura denunciou ante a Fiscalía de Galicia o incumprimento da lei de Memoria Histórica. A cidade ferrolá mantén o nome de rúas e distincións para os protagonistas dos crimes contra a humanidade da ‘Desbandá’.

Na denuncia, entregada na Fiscalía de Galicia o pasado 3 de febreiro, o colectivo facía referencia nun documentado informe á existencia de 23 símbolos franquistas en Galiza, 13 deles en Ferrol, en instalacións dependentes do Ministerio de Defensa.

A CONEXIÓN GALEGA COA DESBANDÁ

Os deputados socialistas andaluces fixeron unha proposta para considerar a ‘Desbandá’, a fuxida de máis de cen mil persoas pola estrada de Almería pata fuxir de Málaga fai 85 anos, sexa considerada “Lugar da Memoria Democrática”.

Na masacre nesa estrada de máis de 5.000 persoas tiveron un papel fundamental, bombardeando a costa, os barcos da Armada franquista Canarias e Baleares. Salvador Moreno Fernández comandaba o Canarias e posteriormente foi Almirante e ministro da Mariña na ditadura. Este golpista e o Cruceiro Baleares aínda dan hoxe nome a rúas do Arsenal de Ferrol. Estas rúas mantéñense a pesar das peticións de retirada dende 1981 ata os nosos días.

Na outra cara da ‘Desbandá’ tamén participou un galego, o fareiro Anselmo Vilar García que salvou a vida de miles de persoas tras apagar as luces do seu faro. Así, evitou que os avións fascistas detectaran os fuxidos que se agochaban na vila de Torre del Mar.

Pode que che interese...