fbpx
Luís Porteiro Garea / Circo de Artesáns da Coruña

Luis Porteiro, o intelectual que deu a primeira lección en galego na Universidade de Santiago de Compostela

Tempo de lectura: 2 min.

A Universidade de Santiago de Compostela é un referente na educación de Galicia dende 1495, pero non foi ata o día 16 de setembro de 1915 cando se deu a primeira lección en galego. Luis Porteiro Garea foi o intelectual galeguista encargado desta clase no Paraninfo da Universidade. 

PRIMEIROS ANOS DE VIDA

Nado en Lugo no ano 1889, Porteiro Garea foi un dos principais ideólogos das Irmandades da Fala. Este político galeguista e nacionalita tamén foi profesor universitario de Dereito Administrativo na Universidade de Santiago de Compostela.

O pai era natural de Frades e traballaba como secretario municipal, mais foi vivir a Compostela para ser o interventor do hospital da cidade. Na capital galega estableceríase Porteiro e obtería a licenciatura en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Como indica o Circulo de Artesáns da Coruña en Facebook, despois do seu paso pola USC faría o doutoramento na Universidade Central de Madrid.

VOLTA A GALICIA E ACHEGAMENTO AO MOVEMENTO NACIONALISTA

Voltou a Galicia, outra vez á capital, onde sería profesor universitario, concelleiro agrarista no 1916 e presidente local das Irmandades da Fala. Luís Porteiro Garea era partidario de superar as reinvindicacións puramente lingüísticas e culturais. O seu papel foi determinante na preparación da Asamblea Nacionalista de Lugo de novembro de 1918, na que o galeguismo asumiu o nacionalismo.

Porteiro loitou pola galeguización da universidade, el foi o primeiro en dar o primeiro discurso en galego na historia da USC. Esta achega do intelectual galeguista é recoñecida a día de hoxe a través do premio ‘Luís Porteiro Garea’ que premia a promoción e o uso do galego neste mesma universidade.

Porteiro, que destacaba polo seu pensamento nacionalista, republicano, federalista e de esquedas, morreu moi novo. Aos seus 29 anos, foi afectado pola gripe española que lle provocou a morte un mes antes da Asamblea Nacionalista de Lugo.

Pode que che interese...