fbpx
Bandeira galega / foto bandeiragalega.com

O primeiro día que unha institución ondeou a bandeira de Galicia

Tempo de lectura: < 1 min.

Os cidadáns da Coruña puideron observar por primeira vez a bandeira de Galicia izada nas súas institucións. Este feito histórico deuse grazas ao traballo do concelleiro galeguista do Concello da Coruña Lois Peña Novo. Ese día, a bandeira ondeou no Concello da Coruña, no Circo de Artesáns e na sede das Irmandades da Fala.

As Irmandades da Fala fixeran un chamamento ao país para que se ondeara a bandeira galega nas institución o “Día de Galicia” do ano 1921. Por iso, o símbolo non foi mostrado só polo Concello da Coruña, senón tamén polo Circo de Artesáns da cidade ártabra. Dende entón, o uso a bandeira de Galicia non fixo máis que estenderse por todo o territorio.

LOIS PEÑA NOVO

Este fito histórico non sería posible sen a actuación do concelleiro galeguista Lois Peña Novo. Nado en Vilalba no ano 1893, Lois foi un recoñecido avogado, político e articulista galeguista da época. Formaba parte das Irmandades da Fala, chegando a ser o seu primeiro concelleiro na cidade da Coruña.

En 1920, a Irmandades da Fala da Coruña traspasoron o eido cultural para entrar no ámbito da política. Presentaron dous nomes ás eleccións municipais: Antón Villar Ponte e, quen conseguiría un posto no Concello, Lois Peña Novo. O avogado, como relata o Circo de Artesáns en Facebook, “deixaría moi boa lembranza polas súas actuacións“. Ademais, foi o primeiro representante político que nunha institución galega use a lingua galega na súa forma oral e escrita.

A súa convición galeguista estaba fóra de toda dúbida e no ano 1921 pediulle ao alcalde Antón Lens Vieira que permitise que a bandeira de Galicia ondease no Pazo Municipal de María Pita. Ningún concelleiro se opuxo e o rexedor accedeu.

Pode que che interese...