fbpx
Grupo de curas e relixiosos do século XVI / gravado

A historia dos curas europeos que chegaron á Costa da Morte a partir do século XVI

Tempo de lectura: < 1 min.

O camiño de Santiago, como un dos tres puntos de peregrinación fundamentais do cristianismo, sempre foi unha gran atracción para os europeos. Asimesmo, axudou á formación e ao desenvolvemento de moitos pobos e vilas galegas. Así foi no século XVI con varias vilas da Costa da Morte que serían incluídas na rede dos camiños xacobeos. 

O século XVI ten maior relevancia pola chegada de clérigos europeos, moitos motivados polas guerras relixiosas provocadas pola Reforma protestante. Segundo a documentación, as referencias aparecen máis explícitas dende 1530, como recolle un artigo de adiante.gal. O comercio vasco-francés coa costa lucense e da Costa da Morte tamén tivo gran relevancia para que estes clérigos chegaran por mar.

Estes clérigos que chegaron vía marítima dende os portos franceses oficiarían nas feligrasías galegas. E non só curas franceses, senón tamén proviñan de países centroeuropeos como Hungría. No artigo de adiante.gal, definen que estas persoas son peregrinos xacobeos.

Por tanto, estas vilas que se sitúan na Costa da Morta como Cee, Camariñas, Muxía ou Malpica foron consideradas vilas xacobeas. Ademais de seren portos pertecentes á zona de influencia da actual capital galega, eran un paso importante para os peregrinos que chegaban por mar. Eran sucursais compostelás visitadas asiduamente polos peregrinos. Máis información en adiante.gal.

Pode que che interese...