fbpx
Retrato de Afonso VII

Afonso VII, o rei co que a oligarquía galega creceu no resto da Península

Tempo de lectura: < 1 min.

Galicia era a forza hexemónica nese reino que formaba xunto aos territorios de León e Asturias. Como comentou Anselmo López Carreira nunha entrevista a este medio, o trono que podía estar ubicado en León ou en Oviedo era o trono do reino de Galicia. A entronización de Afonso VII e o papel deste como rei fixo que o papel hexemónico de Galicia quedase patente.

Afonso VII, nace o 1 de marzo de 1105 en Caldas de Reis baixo o nome de Afonso Reimundez. Fillo de dona Urraca, foi craido no reino de Galicia pola familia de Pedri Froilaz, conde de Traba, que era a cabeza da nobreza laica galega. Estes nobres foron quen o coroaron rei en 1109. Así o comenta a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda nesta publicación de Facebook.

A Catedral de Santiago é a testemuña da súa coroación como rei de Galicia. A ceremonia foi presidida polo arcebispo Diego Xelmírez e polo mencionado conde de Traba. Estas dúas personaxes clave na historia de Galicia compartían que o Reino de Galicia debía existir baixo o liderado dun monarca de orixe, formación e práctica galega. 

Afonso está 40 anos no trono e no 1135 foi proclamado emperador en León. Desta forma, o papel hexemónico de Galicia é demostrable no espazo cristián peninsular. As forzas nobiliarias e eclesiásticas galegas triunfaron, e o seu proxecto de rei galego deulle a Galicia a relevancia necesaria na súa zona de influencia.

Pode que che interese...