fbpx
Mulleres retratadas por ruth matilda anderson

As mulleres “espontaneadas”, así era o control das mulleres embarazadas fóra do matrimonio

Tempo de lectura: < 1 min.

Ata hai ben pouco o poder da Igrexa era moi intenso e estendíase a todos os ámbitos do día a día dunha persoa. Isto era aínda máis grave no caso das mulleres. O historiador Ángel Arcay adentrouse no fenómeno das “espontaneadas”, mulleres galegas que se presentaban voluntarias ou obrigadas diante das autoridades para auto inculparse polo feito de ter quedado embarazadas fóra do matrimonio.

As mulleres “espontaneadas”, na inmensa maioría dos casos viúvas ou solteiras, tiñan que dar explicacións sobre “o proceso do seu embarazo” coa intención de “recibir o perdón pola franqueza das súas declaracións”, logrando tamén “un salvoconduto para non ser molestadas”. Así o recolle Nós Diario que conversou co historiador betanceiro que recibiu un premio no que tratou esta cuestión nas comarcas do Eume e Ferrol.

Asimesmo, a declarante tiña que nomear “un fiador”, unha persoa que se encargaba do coidado da muller e da crianza. As “espontaneadas” tamén víanse na obriga de xustificar o seu embarazo como “resultado dunha pequena falta e non dunha práctica viciosa”, como recolle o artigo de Nós, detallando moitas veces que foron enganadas para manter esas relacións.

“Espontanearse” era unha opción xurídica propia do territorio galego. Para o autor, a declaración destas mulleres serviría tamén como unha ferramenta de control para que as autoridades “tivesen vixiadas estas prácticas extraconxugais”, mais tamén para evitar os abortos. Máis información en Nós Diario.

Pode que che interese...