fbpx
Trirreme romano representado nunmosaico / foto Mathiasrex CCBy Wikimedia

Así se foi romanizando Galicia

Tempo de lectura: < 1 min.

A costa galega ofrece unha gran cantidade de xacementos romanos. O gran culpable foi o comercio marítimo polo Atlántico que acelerou a romanización de moitos dos castro costeiros do noroeste peninsular, da Gallaecia.

O principal indicador deste feito son as moedas que se atoparon durante as diferentes intervencións arqueolóxicas en xacementos romanos. As moedas achadas no val do Ebro indícanos que, nos primeiros compases do Alto Imperio, chegarían ao noroeste peninsular a través do Douro. Pero é o século III d.C. a data coas que son identificadas gran parte das moedas, indicando así a relevancia do comercio marítimo neste século. Esta hipótese mantéñena os arqueólogos Arias Vila e Cavada Nieto, segundo relata este artigo de Amigos del Castro de Vigo.

Aínda así, José Manuel Jesús Hidalgo, arqueólogo e autor dese texto, indica que o comercio marítimo atlántico xa era relevante no cambio de era. As numerosas pezas arqueolóxicas de vidro, aneis e outros obxectos de importación romana datados no século I d.C. nos castros costeiros así o corroboran.

Hidalgo sinala que practicamente na totalidade dos castros litorais das Rías Baixas pódense atopar este tipo de vestixios. Outro dato que confirma a relevancia do mercado marítimo no Atlántico é a densidade de vilas romanas datadas dos séculos III e IV d.C. na zona. Este comercio marítimo, ademais de falarnos da importancia da que sería a Gallaecia, exprica unha romanización temperá da zona. 

Pode que che interese...