fbpx
Torre da homenaxe do Castelo de Monforte / José Luis Iglesias-flikr

Canto custa restaurar unha muralla medieval?

Tempo de lectura: < 1 min.

A muralla medieval de Monforte de Lemos atópase na actualidade cun estado de conservación moi diverso. Os 800 metros de diámetro contan con zonas moi deterioradas e outras nun estado de conservación aceptable. Agora, a nova ampliación orzamentaria vai permitir a súa conservación.

O alcalde da vila, José Tomé, considera que para avanzar nese obxectivo sería necesaria a sinatura de convenios nos que se impliquen outras administracións, segundo indica La Voz de Galicia. Aínda así, máis dun millón de euros dos novos orzamentos serán destinados á conservación do casco histórico que, en gran parte, apuntan a ser atribuídas para a restauración da muralla medieval, segundo o xornalista Luís Díaz. Máis información La Voz de Galicia.

A MURALLA

A muralla medieval de Monforte levantouse durante os séculos XII e XIII. No século XV foi restaurada debido aos danos provocados polas revoltas irmandiñas que tanto influíron na comarca. A construción é unha excelente representación do poder feudal, ten un perímetro de máis de 800 metros con varias torres e portas. En intramuros estableceuse a comunidade xudía que foi unha das máis numerosas de Galicia, convertendo o burgo medieval de Monforte en zona de ámbito xudeu

Pode que che interese...