fbpx
Escultura de bronce ‘O Atlante’ que estaba situado no muro que simula unha proa no faro de Punta Nariga / O Camiño dos Faros

Como é posible roubar unha escultura de toneladas nun dos faros máis emblemáticos de Galicia?

Tempo de lectura: < 1 min.

A situación socioeconómica, a perda de poder adquisitivo, a pobreza poden levar a moitas persoas a facer accións perxudiciais contra o patrimonio, como poden ser os roubos. Polo menos iso é ao que apunta o Concello de Malpica ante o roubo da escultura máis emblemática de Punta Nariga: o Atlante de Manuel Coia. Pero como é posible levar unha escultura dese tamaño sen ser detectado?.

A obra de arte foi cortada cunha radial, quedando só presente a base do monumento. Este atentado contra o patrimonio de Malpica xa foi denunciado polo consistorio ante a Guardia Civil e a Autoridade Portuaria de A Coruña, quen, segundo La Voz de Galicia, non se pronunciou ao respecto.

A escultura estaba situada no punto máis extremo da icónica construción de César Portela, que emula a proa dun barco. Con forma entre un humano e unha gaivota, era o seu mascarón. A figura miraba cara ao mar, a piques de voar. Agora o que é o último faro levantado en España e o máis moderno de Galicia, queda sen o seu símbolo. Máis información en La Voz de Galicia.

Pode que che interese...