fbpx
Imaxe dunha das entrevistas do proxecto “Covelo parroquia a parroquia” / Concello Covelo

Covelo procura coñecer a orixe da súa toponimia

Tempo de lectura: < 1 min.

O Concello de Covelo está a apostar pola súa historia, pola toponimia das súas parroquias. O proxecto “Covelo, parroquia a parroquia” será quen poña en valor a microtoponimia do concello. Esta iniciativa arrancara coa edición do libro “Barcia de Mera, notas de toponimia, historia e patrimonio”,  que aterrou en Santa Mariña hai uns meses co apoio do Concello.

Este é un traballo que vén de lonxe e no que a Comunidade de Montes de Santa Mariña, en colaboración co historiador Alberte Reboreda, leva anos profundando. Ademais, como explica o alcalde de Covelo, Pablo Castillo, o proxecto nace coa vocación deprolongarse no tempo para afondar na riqueza da toponimia de cada parroquia en colaboración cos distintos colectivos veciñais que queiran recuperar os nomes de barrios e lugares.

GPS submétrico en man e moitas ganas de investigar foron os ingredientes para comezar a pescudar. Entrevistas coa veciñanza e consultas ao arquivo histórico provincial e ao catastro rústico de 1952 volven formar parte da metodoloxía de traballo. Pero tamén tiveron que botar man das últimas tecnoloxías que permiten xeorefenciar cada recuncho da parroquia de Santa Mariña, que está sendo a primeira investigada.

A DERIVA AUDIOVISUAL DO PROXECTO

Nestas semanas a veciñanza desta parroquia convivíu cos micros e coas cámaras. O proxecto, ademais de contemplar a publicación dun libro, complétase coa edición de varios vídeos que serán difundidos en diferentes formatos e canles de comunicación. A equipa audiovisual dirixida polo xornalista de Barcia de Mera, Suso Iglesias, grava conversas entre a veciñanza e o artista e músico Tonhito de Poi.

Pode que che interese...