fbpx
Imaxe dun dos árbores tallados na contorna de San Pedro de Rocas / Ribeira Sacra Denuncia

Denuncian novas agresións en San Pedro de Rocas: unha talla de árbores que dana os muros do BIC

Tempo de lectura: < 1 min.

Este pasado luns 7 de marzo a contorna do Mosteiro de San Pedro de Rochas foi danada polas accións da Deputación de Ourense. Segundo asociacións ambientalistas e patrimoniais, o mencionado día tallaron sete árbores que poden producir danos no edificio considerado Ben de Interese Cultural.

Estas agrupacións tildan a acción da Deputación como “vergoñenta”, igual que ao “silencio e complicidade da Xunta de Galicia”. Ante esta situación pretenden presentar unha denuncia pola talla destas árbores que poden afectar aos muros históricos do mosteiro que sobreviven dende a Idade Media.

As denuncias presentaranse diante de tódolos organismos con competencias en patrimonio, mencionan inclusive a Subdelegación do Goberno. “Non se pode permitir o asoballamento e a violencia das administracións públicas contra os cidadáns que defendemos a legalidade e a protección dun ben patrimonial como San Pedro de Rocas”, sinalan dende asociacións ambientalistas.

Dende o seu punto de vista, non se pode permitir que as autoridades públicas non protexan nin teñan en conta a propia lexislación que protexe ao BIC de San Pedro de Rovas. “As forzas de orde pública, en vez de protexer a legalidade e ter en consideración a toda a lexislacion de aplicación de protección do BIC de San Pedro de Rocas, protexeron e permitiron que a Deputación de Ourense e a empresa madeireira FINSA tallaran polo pé varias árbores“, destacan.

Pode que che interese...