fbpx
A presencia dos Lancaster en Galicia
Representación da batalla na obra Recueil des croniques d’Engleterre, de Jehan de Waurin. - Batalla de Aljubarrota, 13 de agosto de 1385 entre as coroas de Portugal e Castela - Fonte Wikipedia - Master of the Vienna and Copenhagen Toison d’Or

Estas foron as peregrinacións da coroa portuguesa a Santiago de Compostela

Tempo de lectura: 4 min.

Galicia e Portugal, a partir da independencia dos lusos, mantiveron as súas relacións máis aló da lingua que comparten. Entón, Santiago de Compostela xa era un punto referencia de peregrinación para toda Europa. Portugal, pola súa banda, non tería un lugar de peregrinación nacional ata comezos do século XX coa construción de Santa Señora de Fátima en Braga. Así, cando as relacións entre Castela, Leon ou Galicia e Portugal estaban ben, os reis portugueses peregrinaban a Compostela.

A aparición do sepulcro do apóstolo data do século IX, e dous séculos máis tarde xa existían as primeias rutas a Santiago de Compostela. Dende ese século ata o XVI, catro monarcas do Reino de Portugal a Santiago para facer diversas ofrendas ao Apóstolo na busca de paz, achegamentos políticos e mellores condicións no seu territorio.

AFONSO I DE PORTUGAL

Afonso de Henriques peregrinou a Santiago de Compostela antes de ser rei. Tras o cerco de Guimaraes no 1127, Afonso como responsable da defensa da vila tivo que ceder ante a presión do seu primo Afonso VII. O que sería rei de Portugal acompañaría á capital galega. O historiador da Universidade de Oporto José Augusto Sottomayor-Pizarro constata a existencia de varios diplomas coasinados polos curmáns que confirman esta viaxe.

Entón, segundo a hipótese proposta por Sottomayor nun seminario web organizado polo CSIC, ambas figuras históricas acordaron que Afonso de Henriques comezase a actuar como conde do Condado Portucalense. A peregrinación a Compostela foi unha das mostras do futuro cambio de dominio no condado que, máis tarde, sería o Reino de Portugal.

AFONSO II DE PORTUGAL

Afonso II de Portugal, o terceiro monarca portugués, foi o primeiro en peregrinar a Compostela sendo xa coroado. Afonso II mantívose no trono dende 1211 ata a súa morte en 1223. A súa personalidade marcouse dende o seu compricado nacemento debido a problemas de saúde, moi probablamente fora leproso. Estas condicións fixeron dubidar da súa sucesión no trono, as crónicas da época falaban da posibilidade de que a coroa fose recollida polo seu irmán Pedro.

Casouse en 1208 con Urraca de Castela, filla de Afonso VIII e Leonor de Inglaterra. En marzo de 1211, subiu ao trono e, ao pouco tempo, organizou unha das primeiras cortes da península. A súa política é profundamente agresiva contra os altos estamentos, tanto que os seus irmáns vanse de Portugal cara Francia e León. Tamén tivo problemas coas súas irmás, Teresa e Mafalda, ás que o seu pai cedéralles unhas villas. Estes problemas cos altos estamentos, provocaron que Afonso IX de León invadira Portugal para defender os intereses da súa muller Teresa, aínda que xa non eran matrimonio na época.

Ademais, tamén tivo grandes problemas coa Igrexa, en especial co Arzobispo de Braga. O reinado de Afonso II foi caracterizado pola súa gran conflitividade. Afonso II peregrinaría a Santiago en agosto de 1219 tras chegar a un acordo de paz con Afonso IX de León.

As motivacións desta viaxe son difíciles de saber, Sottomayor, supón que as preocupacións que motivarían a peregrinación serían o conflito cos bispos que lle provocou numerosas amonestacións e por temor de natureza física tanto polo seu propio estado de saúde como polo da raíña. Asimesmo, pedíulle ao Apóstolo a protección do seu sucesor, o infante Don Sancho. As súas peticións non foron fructuosas. A Raíña Urraca morrería ao ano seguinte, Afonso II en 1923 e o reinado de Sancho II foi un dos máis violentos da historia de Portugal.

DIONISIO I DE PORTUGAL

Sottomayor comenta que o rei Dionisio primeiro é unha figura perfecta para ser parte da familia Lanister da serie ‘Xogo de Tronos’. O rei Dionisio ten malas relacións con todo o mundo, co seu avó, co seu fillo lexítimo e coa súa muller.  Dionisio prioriza o trato aos seus fillos bastardos, o cal provoca o descontento do herdeiro ao trono Afonso que provoca un conflito contra o seu pai co apoio da nobreza portuguesa.

Este clima tan tenso na monarquía portuguesa, provocou que Dionisio pensara nunha peregrinación a Santiago como unha forma de buscar a paz. Ademais, o seu fillo e o futuro rei Afonso IV estaba a ter problemas para ter descencia xa que todos os seus fillos morrían. A paz e a continuación da súa linaxe foron as principais teimas da peregrinación a Santiago en 1318. As oracións resultaron en certa maneira xa que dous anos máis tardes nacería Pedro I de Portugal.

Dionisio I morre en 1325, un ano despois do remate dos conflitos internos. Ese mesmo ano, a súa muller, a raíña Isabel peregrinaría a Santiago de Compostela para desprenderse dos atributos reais ofrecendo a coroa ao arzobispo de Santiago Berenguer de Landoira. Volverá a Portugal, onde vivira o resto da súa vida no Mosteiro de Santa Clara de Coímbra.

MANUEL I DE PORTUGAL

Pasarían moitos anos ata a seguinte peregrinación rexia. Dende a tensión entre Afonso IV de Portugal e Afonso XII de Castela, as relacións entre os reinos comezan a empobrecerse. O asasinato de Pedro I de Castela provoca un largo período de enfrontamentos ata que o Tratado de Alcáçovas en 1479 entre Afonso V de Portugal e os Reis Católicos normalizan a situación.

Manuel I, neto de Afonso V, “nacería coa estrela da sorte”, segundo Sottomayor. Este sería un gran monarca, responsable coa reforma da monarquía correspondente coa expansión portuguesa. Aproxímase aos Reis Católicos a través do matrimonio con dous fillas destes. Primeiro con Isabel, a filla maior, e cando esta morre, con María, a filla terceira dos reis españois.

A visita de Manuel I a Santiago de Compostela en 1502 está moi ben documentada. A súa peregrinaxe comezaría tras o nacemento do que sería o seu herdeiro Xoan III. Para dar grazas por este feito xunto con razóns políticas, marcharía cara a Santiago de Compostela a finais de outubro. Pasaría por Oporto para chegar á fronteira con Galicia. Alí pediu ser disfrazado e ao Marqués de Vilarreal que se pasara por el. O rei quixo entrar como incógnito en Galicia. Será en Santiago de Compostela onde desvelaría a súa identidade. Na capital permanecería tres días.

Manuel I, tras o seu regreso a Portugal, mandou facer unha lámpada de prata coa forma dun castelo que mandou colocar fronte o altar maior da catedral de Santiago. Para que se mantivese sempre acesa, mercou rentas en Galicia. Con esta viaxe terminaron as visitas rexias portuguesas medievais a Santiago de Compostela.

Pode que che interese...