fbpx
O edificio no que se sitúa supostamente unha sinagoga medieval da Coruña / Google Maps

Existiu ou non existiu?…. Na procura da sinagoga perdida da Coruña

Tempo de lectura: < 1 min.

A Coruña podería demostrar nun tempo a existencia dunha sinagoga nun dos edificios máis antigos do seu Casco Vello. O Concello da Coruña vai destinar 420.000€ para comprar esta casona do século XV. Este é o primeiro paso para poder ser investigado por arqueólogos e confirmar, 0u non, a súa orixe xudía. 

O pasado hebreo da Coruña foi documentado en numerosas ocasións. Existe unha biblia elaborada nalgún lugar da Cidade Vella en 1476, un dos manuscritos iluminados máis exquisitos do mundo, salvado da queima nos días previos á expulsión. Existen tres lápidas funerarias atopadas na Palloza aínda máis antigas, de entre os séculos X e XII. E existen documentos históricos que aluden ao pequena pero importante xudería coruñesa, organizada ao redor de cálea Sinagoga, como informa La Voz de Galicia.

O único que falta é a sinagoga. O descubrimento dun alxibe, cisterna árabe para recoller auga, levou aos investigadores a pescudar e levar a cabo unha hipótese: o alxibe é, en realidade, unha mikbe, un espazo de purificación. “Unha mikve está asociada a un lugar de rezo. Se ao escavar e baleirar o alxibe podemos confirmar que o é, estará claro que alí era a sinagoga”, explica o arqueólogo municipal Marco Rivas Nódar.

María Gloria de Antonio Rubio, investigadora do Instituto Padre Sarmiento comenta que “é unha noticia fabulosa”. Ademais, engade a La Voz que “non vai ser fácil probar que estivo alí a sinagoga, porque non existe ningún trazo específico delas. Non son como as igrexas cristiás, que teñen un altar“. Máis información en La Voz de Galicia.

Pode que che interese...