fbpx
Un avión alemán de recoñecemento nas costas galegas durante a II Guerra Mundial

Galicia, fundamental durante a guerra no aire da Segunda Guerra Mundial

Tempo de lectura: < 1 min.

A Segunda Guerra Mundial destacou pola gran evolución na tecnoloxía armamentística e, en concreto, a aviación. Non hai máis que lembrar a famosa Batalla de Inglaterra o 10 de xullo de 1940, cando o enfrontamento entre a Real Fuerza Aérez británica e os Luftwaffe alemáns chegaron ás costas inglesas.

Neste contexto, cando España mantiña un papel supostamente neutral, estacións de radio fixa, metereolóxicas e de navegación foron construídas en diferentes zonas de Galicia para recoller información do tráfico aéreo no Atlántico. O receptor desa información posiblemente fosen os alemáns, ademais dos propios franquistas.

Como explica Luis do Rego Martín no seu artigo titulado O exército do aire e o seu desplegue en Galicia 1940-1946. A enxeñería e a arquitectura militar na autarquía, o representante diplomático británico chegou a queixarse do uso de “observacións aéreas” e de avións españois por parte dos alemáns entre 1942 e 1943. A estación de radiosondeo de Santa Uxía de Ribeira foi implementada polos alemáns en 1941, dende onde lanzarían diariamente o radiosonda da mariña xermana ata 1945. A partir de 1942 tamén o fixeron dende Marín e O Grove.

Estes acordos co Eixe nace a partires da invasión da URSS por parte dos nazis, que procuran adentrarse no Atlántico con seguridade e “manter o control, dos convois con destino ao Reino Unido”. Así, España mantiña a súa posición de non belixerancia á vez que unha irmandade contra aos soviéticos.

O réxime franquista tamén mantivo contacto cos Estados Unidos no 1942. Na preparación da invasión aliada á África francesa a embaixada estadounidense chegou a un acordo cos franquistas para permitir o movemento das súas naves sobre territorio español e, desta forma, acurtar a ruta ata África. Como conclúe Luis do Rego, “para España este xesto significaba poder iniciar a reconciliación cos Aliados, da man dos EEUU”.

Pode que che interese...