fbpx

Na busca do castro das Illas Cíes

Tempo de lectura: < 1 min.

As Illas Cíes, a marabilla natural que coroa a Ría de Vigo, tamén contan cunha grande historia nas súas costas. Estas illas atlánticas, que agora son puramente turísticas, foron habitadas dende hai máis de 3000 anos. Agora, o Parque Nacional promove actuacións arqueolóxicas e as respectivas sinalizacións de dúas zonas arqueolóxicas: o Alto do Príncipe e Os Ferreiros.

O novo programa proposto polo Parque Nacional Illas Atlánticas tratará de sacar á luz o castro aínda por consolidar e as dúas aldeas datadas do século XIX. Como recolle Atlántico Diario, o obxectivo é recompilar a máxima información posible sobre as dúas aldeas e utilizar os resultados obtidos para dar a coñecer entre os visitantes do Parque as súas características principais.

No caso do castro, seguirán os traballos de arqueloxía deste lugar situado nas inmediacións do faro principal. Aínda así a última intervención non foi arqueolóxica senón de conservación e de limpeza, xa que o xacemento estaba a ser ameazado por especies invasoras, acacias especialmente. Máis información en Atlántico Diario.

Pode que che interese...