fbpx
Titular de El Correo Gallego do 8 de maio de 1906

“Nada de mulleres políticas”… O papa Pío X e o feminismo na prensa galega de hai cen anos

Tempo de lectura: < 1 min.

O movemento feminista colleu moita relevancia a nivel internacional a partires de finais do século XIX. Como é habitual, o papado é preguntado sobre estes movementos que entran en conflicto cos intereses da Igrexa. A opinión que recolle El Correo Gallego na súa portada do 8 de maio de 1906 do papa Pío X deixa entrever a reticencia do catolicismo ante o feminismo da época.

Pio X foi preguntado en Viena si apoiaba o movemento feminista por “unha muller de letras e fervente apóstola das reinvindicacións feministas“, como describe o recorte do xornal galego. A resposta deste Papa non deixará indiferente a ninguén posto que comentou que si. “A igrexa católica aproba e bendí todo movemento que tenda a elevar o nivel social e intelectual da humanidade”, declarou. Aínda que hai unha condición para o seu apoio: que non entre en contradición coa moral cristiá.

A muller vienesa, chamada Camila Telmer, incidiu na cuestión. “Vosa Santidade non dixo que as mulleres non estuden?”, preguntou. Pío X non dubidou e contestou que as mulleres podías estudar todo, agás Teoloxía. Aínda por riba, aproveitou a situación para nomear as profesións máis femininas. Todas relacionadas co coidado da xente xa que indicou a saúde e a caridade pública como as máis idóneas para as mulleres.

Por último e non menos importante, o Papa condeou a actividade da muller no terreo político. “Os homes sós fan bastante”, enfadindo a frase coa que culminan as súas declaracións sobre o feminismo: “Nada de mulleres política”.

Pode que che interese...