Novamente un conxunto de arte rupestre en perigo por un parque eólico
O Colectivo A Rula volve a denunciar os máis que posibles danos que provocará o novo parque eólico de Vilartoxo no patrimonio da comarca. As pistas de acceso e as gabias de cableado poderían danar gravemente ou destruir ata cinco petróglifos e mámoas, segundo denuncia o colectivo.
Os elementos máis afectados pola construción do novo parque son as mámoas do Monte da Medorra, atravesadas por un camiño polo que pasaría a pista de acceso e unha gabia de cableado, e as mámoas do Fondo do Val, con importantes estruturas deseñadas a menos de 50 metros do ben. Tamén as mámoas de Porto Rabeiro e o petróglifo do Gavis, xa que o acceso e a gabia irían a menos de 30 metros do elemento.
Segundo a avaliación de impacto de bens, estes conxuntos arqueolóxicos non son danados, nin o serían en caso de ampliacións. Neste documento repíteses que o vial do parque deseñouse de modo que non ocupe superficies non afectadas previamente. Dende o Colectivo A Rula apuntan a todo o contrario. Máis información en El Correo Gallego.