fbpx
Ancares montes galegos Courel fragas autóctonas foto Hunt_on_Photos_Studio CC0

O Courel, no centro da divulgación científica do patrimonio lucense

Tempo de lectura: < 1 min.

O Courel será o protagonista da V Xornada de Divulgación Científica do Patrimonio Arqueolóxico Lucense. Este venres día 25 de marzo, dará comezo esta xornada no Salón de Actos da Deputación de Lugo que se dedicará a coñecer o patrimonio materia el inmateirial desta comarca lucense baixo o lema “O Courel dos tesos cumes. Arqueoloxía e territorio”.

Pola mañá, dende ás nove e media, diversos expertos en arqueoloxía farán diversas conferencias arredor do patrimonio do Courel. Como como comunicar o valor patrimonial e que podemos saber da vida antiga do Courel a través dos ósos atopados nas súas covas serán algúns dos temas que se tratarán nesta xornada.

Tras o debate das dúas do mediodía farase unha saída para traballo de campo cunha visita dun xacemento emblemático do Courel guidos polo arqueólogo Iván Álvarez Merayo. As oito da tarde cerrarase a xornada cunha visita técnica explicativa no Museo Provincial de Lugo.

Pode que che interese...