fbpx
Miliario danado / Ramudo vía COPE

Os coches tamén chocan contra os miliarios romanos

Tempo de lectura: < 1 min.

O miliario romano que representa a relevancia de Lugo como punto neurálxico do Imperio Romano no noroeste penisular foi danado a pasada semana tras o impacto dun vehículo. O Concello de Lugo xa ten constancia do sucedido no miliario inaugurado no 2007 e está “estudando a maneira de proceder“, como informa COPE.

O miliario é unha réplica dos que rodeaban a comarca de Lucus Augusti e que servía para contar as millas de calzada percorridas. Consta de dous metros e medio de altura e está composto de bronce fundido. A incripción do monumento está escrita en latín e fai un homenaxe a Augusto e emperadores posteriores que ordearon as vías de comunicación cara Lugo.

MUSEALIZACIÓN DA CLOACA ROMANA

Despois de tres décadas tras o seu descubrimento, o tramo de cloaca romana que se atopa no soto da Sala de Exposicións Porta Miñá, o antigo matadoiro municipal. Agora, o acceso á cloaca é complexo, faise a través dunha trapela. O proxecto, que xa está finalizado, tratará de facer máis accesible o xacemento para permitir a súa visita. Máis información en La Voz de Galicia.

Pode que che interese...