fbpx
Secadoiros de congro de Muxía

Os secadoiros de congro de Muxía, únicos en España, en perigo de extinción pola propia Xunta

Tempo de lectura: < 1 min.

Os secadoiros de congro de Muxía, uns dos últimos exemplares en uso en Galicia, están a piques de desaparecer por orde da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. Ante esta situación de perda patrimonial, aparece o movemento cidadán Salvar os secadoiros do Congro.

Esta campaña xa está na rede. Tanto en Instagram como en Facebook é activa, e a colaboración cidadá moi extensa. As persoas concienciadas co problema mandan os seus vídeos en apoio aos secadoiros que son subidos directamente á rede. En Instagram xa contan con máis de 80 vídeos de solidaridade. 

A SITUACIÓN

A comezos de febreiro, Sanidade levou a cabo unha inspección nos secadoiros tradicionais de Muxía. Segundo os inspectores, debido ás condicións hixiénicas que presentaban, as 16 pezas de madeira teñen que ser destruídas. 

As reaccións non tardaron en chegar. Esta forma de secado do peixe é empregada dende o século XV. É tradición, é cultura, é historia; polo que os habitantes da zona non están contentos coa decisión dos inspectores. Tampouco o está o alcalde que destacou o “descoñecemento” e a “insensibilidade” son as causas desta situación. 

“Como alcalde síntome indignado por este atentado non só a unhas familias que viven desta industria, senón tamén a un oficio que forma parte da nosa historia e da nosa identidade. O secado do congro xunto coa industria do encaixe aguantaron das familias e deron esplendor a unha Muxía que en tempo de inverno non podía vivir da pesca pois os temporais abondan e o nordés bate forte”, comenta Iago Toba segundo recolle La Voz de Galicia.

Pode que che interese...