fbpx
O 'San Telmo', nunha acuarela de A. Berlinguero / Museo Naval de Madrid

San Telmo, a gran incógnita do barco galego que puido descubrir a Antártida

Tempo de lectura: < 1 min.

Os libros narran que o descubridor da Antártida foi o capitán británico William Smith que en outubro de 1819 chegaría ás Illas Shetland do Sur. Aínda así, este non é un feito histórico totalmente contrastado, xa que hai expertos que defenden que o primeiro foi un navío galego.

Cando Smith chegou á illa antártica de Livingston atopouse cos restos dun navío español. Moitos investigadores, entre eles Manuel Martín-Bueno, cren que era o San Telmo, fabricado en 1788 no estaleiro ferrolán de Esteiro. Un barco de liña de 74 canóns deseñado para grandes batallas navais cunha eslora de 52 metros e 14,5 de manga.

Como é posible que o San Telmo fose o primeiro navío en chegar á Antártida? En 1819, como recolle La Voz de Galicia, Fernando VII viuse obrigado a enviar a división do Mar de Sur, que incluía o San Telmo, para apoiar ao virreinato de Perú que estaba a ter grandes problemas para aplacar un novo alzamento.

Unha tormenta impediu o paso do navío galego polo Cabo de Hornos. Os potentes ventos arrastraron a unha tripulación de 644 persoas cara ao sur. O barco construído nun estaleiro de Ferrol atoparía terra na Illa de Livingston, sendo así os seus tripulantes as primeiras persoas en poñer un pé na Antártida. A falta de probas concluíntes, os ingleses seguen a reclamar a súa posición como os descubridores do punto máis meriodional do planeta. Máis información en La Voz de Galicia.

Pode que che interese...