fbpx
O novo posible castro descuberto en Chaián por un dos socios da asociación Gentalha do Pinchel

Un paseo durante a corentena permite o achado dun novo castro preto de Santiago

Tempo de lectura: < 1 min.

A asociación Gentalha do Pichel comunicou o achado dun novo castro no lugar de Tertemile, na parroquia de Chaián situada no Concello de Trazo. O confinamento levou a un dos socios da agrupación a descubrir este xacemento nun dos seus paseos nas proximidades da Igrexa de Santa María de Chaián. 

O achado atópase a 270 metros de altitude na veiga do Tambre e semella parcialmente arrasado nos seus bordes norte, sur e oeste. Dende o norte o seu acceso é bo. O sorprendente veu cando o descubridor foi á súa casa e decatouse de que non estaba catalogado.

CASTROS DESPROTEXIDOS POLO CAMIÑO

No Concello do Trazo atópanse 17 castros catalogados, que chegan á centena se contamos todos os castros da comarca de Santiago de Compostela. As datacións sitúaos dende a Idade de Bronce ata ben entrado a Idade Media no século VI d.C., segundo comenta Gentalha do Pichel. As súas diferenzas temporais non lles impiden ter dúas características en común: o abandono e o esquecemento por parte das institucións públicas.

Ademais de promover a catalogación do posible novo castro, Gentalha do Pichel quere comunicar o abandono cultural que sofre os xacementos que non teñen relación co Camiño de Santiago. Por iso, invitan ás administración públicas a “abandonar o monocultivo cultural e turístico arredor do Caminho de Santiago e da catedral para estudar, proteger e difundir outros patrimónios da comarca”.

Pode que che interese...