fbpx
San Pedro de Rocas rodeada de bosque autóctono / foto xuntal.gal

(Video) Carballos centenarios… Por que non é o Couto de San Pedro de Rocas Monumento Natural de Galicia?

Tempo de lectura: < 1 min.

Este pasado 21 de marzo, a asociación Amigos da Terra vén de solicitar aos responsables de Medio Ambiente, Medio Rural e ao Presidente da Xunta de Galicia a declaración do Couto de Rocas como Monumento Natural de Galicia. Este conxunto natural situado na provincia de Ourense tamén procura ser declarado como Formación Arbórea Singular, integrándose esta formación arbórea no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras.

Amigos da Terra considera que o Couto de San Pedro de Rocas “é un BIC de incalculable valor, unha referencia do patrimonio de Galicia e de Europa” que adquire aínda máis valor por “estar integrados nunha paisaxe e nun ecosistema único. Ademais, engaden que “temos a obriga de protexer, conservar e transmitirlle aos nosos fillos de maneira integra”.

Árbores autóctonas e centenarias son as responsables dese valor natural que se suma aos valores patrimoniais e históricos. Amigos da Terra destacan “as dimensións e idade da Carballa do San Bieito” que se atopa a carón da “fonte milagreira” existente nun dos camiños reais que comunican San Pedro de Rocas con Santo Estevo de Ribas do Sil. E non só a flora destaca, a fauna do Couto tamén é de especial relevancia.

No seguinte vídeo afondan máis sobre as razóns patrimoniais que xustifican a declaración do Couto como Monumento Natural de Galicia:

Pode que che interese...