fbpx

A gran fábrica A Metalúrxica en Vigo, en perigoso abandono

Tempo de lectura: < 1 min.

Fundada no 1900, a fábrica A Metalúrxica foi un referente en Vigo, mais a día de hoxe, a situación na que se atopa o edificio non só amosa un mal estado de conservación, se non que pode supoñer un perigo para os viandantes.

Na rúa García Borbón atópase a construción que no seu tempo foi unha fábrica de folla de lata. A empresa foi creada por Antonio Alonso Santodomingo, Guillermo Curbera e o enxeñeiro José Barreras Massó, e deseñada por este último. O edificio sufriu ampliacións laterais no 1917 e, de novo, no 1938.

A fachada da fábrica está rexistrada no Catálogo de Bens Culturais, Naturais e Paisaxísticos dentro da tipoloxía industrial, mais esta cualificación non é suficiente para manter A Metalúrxica nun bo estado de conservación. Polo contra, o edificio denota o seu abandono, e o concello xa instou repetidas veces aos donos a levar a cabo traballos de conservación.

As paredes das fábricas inclínanse progresivamente sobre a rúa, supoñendo un perigo para os peóns. Ademais, penduran delas elementos oxidados que poden desprenderse sobre a beirarrúa. Ante este estado, o concello realizou apontoamentos da fachada e dispuxo valos metálicos que impedían o paso dos viandantes.

Porén, ditos valos xa non se atopan na súa posición inicial e o edificio segue a deteriorarse. A situación da antiga fábrica preocupa a veciños, e o Concello piden aos propietarios un plan de recuperación. Máis información en La Voz de Galicia.

Pode que che interese...