fbpx

Rouban unha das grandes balaustradas modernistas de Galicia

Tempo de lectura: 2 min.

A Fonte do Troncoso sofriu un espolio, que corroborar o estado de abandono no que se atopa o conxunto de Mondariz Balneario deseñado polo arquitecto Antonio Palacios. Un dos postes de fundición da varanda modernista foi o obxecto do furto, que probablemente se realizou durante a noite. Como consecuencia, tamén resultou danado unha das balaustradas da escaleira.

Esta escalinata é o único elemento modernista de Fonte do Troncoso, pero o seu deseño posiblemente non sexa do famoso arquitecto, pois non se atopan balaustradas semellantes de principios do s. XX n zona de Vigo e Pontevedra.

A Plataforma #SOSTroncoso denunciou o acontecido ante a Policía Autonómica e a Garda Civil. Ademais, piden ao Concello que cerren o acceso ao complexo.

O estado da fonte ou a desaparición do remate dunha das portas de acceso de Fonte do Troncoso son algúns dos deteriores que sofre o balneario e que tamén critican dende a Plataforma Fonte de Troncoso.

Ante o deterioro da Fonte do Troncoso, obra de Antonio Palacios, a plataforma pide ao Concello e á Xunta de Galicia que aceleren o proceso para a conservación e recuperación do conxunto, que data do século XX. Actualmente, a súa propiedade pertence ao Concello de Mondariz Balneario, despois de que no 2020 o Xulgado n° 5 do Mercantil de Madrid lle decretase a titularidade da fonte, despois de que a empresa titular Fontes Capital S.A. entrase en liquidación e ocultas ao xuíz a propiedade.

“A fonte encóntrase nun estado lamentable […], o remate dunha das dúas portas de acceso desapareceu, a centenaria varanda modernista interior sufriu distintas reparacións indignas e a planta de embotellado da fonte é inaccesible para o público e ameaza con derrubarse”, apuntan dende a Asociación.

Ademais, recordan que a Xunta se comprometera á recuperación e rehabilitación de Fonte do Troncoso, apoiando ao concello de Mondariz Balneario, mais que “a fonte segue cun estado de ruína total”. Tamén sinalan dende a plataforma que o estado do edificio supón un perigo e que a posibilidade de que as súas pareces colapses se acrecenta. Máis información en Faro de Vigo.

Pode que che interese...