fbpx
Afonso Henrigues, rei de Portugal. NCultura

Afonso Henriques, o primeiro rei de Portugal que falou a “linguagem”

Tempo de lectura: 2 min.

O que hoxe coñecemos como galego-portugués foi a lingua do pobo galego e portugués durante séculos. Porén, tamén foi a lingua utilizada polo primeiro rei de Portugal, Afonso Henriques, e quedou gravada en forma de poesía, a través de autores como Don Dinis ou Alfonso X, o Sabio.

No que se coñecía como Gallaecia falouse durante séculos galego-portugués, aínda que non se coñeceu a esta lingua con este nome ata tempo despois. Cando esta era usada, tanto ao norte como ao sur do Miño, fronteira natural entre Galicia e Portugal, esta lingua era coñecida como “a linguagem”.

Para o galego-portugués non había fronteira, e todo o territorio da antiga Gallaecia compartía esta lingua, que era a fala vulgar das rúas, durante moito tempo desprezada e sen rexistro escrito. Aínda que non tivese distinción como lingua, a súa evolución dende o latín clásico xa era evidente. Como explica o autor Fernando Venância no seu libro Assim Naceu Uma Língua, o galego e portugués, polo tanto, non proveñen do latín clásico, se non da lingua que se escoitaba na rúa, e que xa tiña marcas que se conservan a día de hoxe como a perda do n e o l en palabras como “lúa”.

O galego-portugués, ou linguagem, foi evolucionando a través dos anos, adoptando diferenzas entre sur e norte, principalmente influenciada polo dominio musulmá do Sur. Porén, con Afonso Henriques como primeiro rei e coa expansión do novo Reino de Portugal, a “lingua do norte” comezou a invadir a lingua mozárabe do Sur, continuando así as semellanzas entre unha lingua que compartían territorios que agora están divididos.

Foi co establecemento de Lisboa como capital de Portugal e coa influencia do castelán ao norte do Miño cando o galego-portugués comezou a tomar camiños diferentes, ata chegar ás dúas linguas que hoxe coñecemos. Máis información en NCultura.

Pode que che interese...