fbpx
Proxectil da Guerra Civil Española atopado en Ponteareas / Garda Civil

As bombas da Guerra Civil; un perigo esquencido que aínda pode matar xente

Tempo de lectura: < 1 min.

O pasado 23 de abril Viveiro despertaba coa aparición dun obús dun morteiro pertencente á Guerra Civil. O artefacto foi atopado polos albaneis dunha obra xunto á porta de Carlos V, na rúa María Sarmiento. Os obreiros atoparon o obús debaixo dunha escaleira, mentres facían labores de desentullamento nun edificio destinado a un local comercial e vivendas de aluguer. O inmoble no que se atopou trátase dunha construción ano 1880 que leva abandonada dúas décadas.
Tras o achado, avisouse á Policía Nacional e á Policía Local, que procederon ao desaloxo da zona, así como ao precinto da rúa.
Ata a chegada dos Tedax, grupo especializado na desactivación de explosivos, mantivéronse as medidas de precaución na rúa e nos inmobles próximos.

O artefacto atopado en Viveiro, como deron a conta unha vez examinado o artefacto, trátabase dun obús de entre 30 e 40 cm de longo, deteriorado polo paso do tempo. A falta de inscricións non revela se puido pertencer ao bando republicano ou nacional. Máis informacións en La Voz de Galicia.

Pode que che interese...