fbpx

Así está un dos hórreos máis longos do mundo

Tempo de lectura: < 1 min.

Os veciños de Ribela, na Estada, denuncian o deterioro dun dos horreos “máis grandes do mundo”, e piden que se solucione o estado de abandono no que se atopa.

O hórreo da reitoral da parroquia de Ribela mide 22,2 metros de longo e 1,5 de ancho e atópase no posto 24 do ránking de hórreos máis longos do mundo, a maioría deles concentrados en Galicia, Asturias e o norte de Portugal. Só en Galicia, a asociación estima que hai máis de 100.000 construcións deste tipo. Fai un ano, cando se incluíu o hórreo estradense na lista, denunciosue o estado de abandono e o uso de cemento nun dos extremos do cabaceiro.

Os veciños, tras a catalogación do hórreo, esperaban unha restauración que non chega, e cuxo custo se estima entre os 15.000 e os 20.00 euros. Máis información en La voz de Galicia

Pode que che interese...