fbpx

Atopan novas estacións de petróglifos en Laxe

Tempo de lectura: < 1 min.

Conviñas que forman un arco e dous aneis no coñecido como Muíño de Gaspar, en Laxe, e figuras similares na agra de Agoeiros, en Serantes, son os gravados que se notificaron Xosé Vázquez Lavandeira, no caso do primeiro, e Mónica Pérez Riveira e José Manuel Barcia Mira, con respecto aos segundos. O achado foi trasladado á dirección Xeral de Patrimonio pola Asociación Cultural Colectivo A Rula, entidade dedicada á divulgación e protección de arte rupestre.

Dende A Rula destacan que “son escasas as estacións rupestres catalogadas neste concello da Costa da Morte polo que estes novos gravados constitúen elementos de grande interese que enriquecerán o inventario patrimonial municipal

No caso dos gravados atopados preto do Muíño de Gaspar, trátase dunha serie de motivos, entre os que destacan un arco de pequenas dimensións e dous aneis de sete e once centímetros. O conxunto ten unha figura principal con forma de trevo cunha liña que o divide. Porén, trátase dun gravado moi desgastado e case imperceptible á luz do día. Todos eles, segundo o exposto polo Colectivo A Rula, están feitos cunha ferramenta metálica.

Por outra banda, entre o camiño antigo entre Lourido e Transfontáns atópase unha laxe con diferentes inscricións. A iconografía que presenta, 4 conviñas de distintos tamaños e unha representación de un ostensorium, eran habituais entre o s. XVII e o XVIII.

Dende o colectivo destacan que en ambos casos, se trata de gravados históricos, cada un deles asociados a elementos como poden ser un antigo muíño fariñeiro e o paso dun camiño tradicional. Máis información en La Voz de Galicia.

Pode que che interese...