fbpx
Dominios do Conde de Lemos na Idade Media / https://antiguoregimen.com

Cando case a metade do antigo Reino de Galicia pertencía a catro señores feudais

Tempo de lectura: < 1 min.

As grandes casas da nobreza galega concentraron nas súas mans a meirande parte do territorio galego. O 47% da Galicia do Antigo Réxime (sen ter en conta as propiedades reais) pertencía ao Arzobispado de Santiago e a catro señores feudais : o Conde de Lemos, o Conde de Altamira, o Conde de Monterrei e o Conde de Ribadavia.

O Conde de Lemos era o que tiña un maior número de freguesías baixo o seu dominio, un total de 570. O seu territorio estendíase por toda a parte centro-oriental e norte de Galicia, e comprendía xurisdicións da importancia de Trives, Castro Caldelas, Deza, Lemos, Sarria, Vilalba, As Pontes, Pontedeume e Miraflores (actuais municipios de Sada e Oleiros)

Pola súa parte, os dominios do Arzobispo de Santiago abarcaba a antiga provincia de Santiago. Con 526 freguesías era o segundo estamento máis potente de Galicia. Con 310 freguesías situraríanse os territorios pertencentes á monarquía. Baiona e Ferrol son dous puntos claves do poder realengo. Máis información en antiguoregimen.com.

Pode que che interese...